miércoles, 11 de enero de 2017
lunes, 2 de junio de 2014
jueves, 1 de abril de 2010
miércoles, 17 de febrero de 2010
A artista trata de escribir co seu corpo, voz e movemento un discurso íntimo en confrontación coa realidade exterior, como unha gramática escénica articulada arredor da intimidade, que xira en torno a temas como a desestructuración do pensamento da cidade ou a busca dunha nova metodoloxía de habitar os espazos e de estar no mundo.
Alfonso Pexegueiro: Escritor e poeta galego; escribiu un poema escénico en concordanca cos pensamentos da obra.
Gael Herrera: Montadora profesional; gravou e editou as videocreacións, estudou as súas aplicacións en escea.
Germán Gundín: Director técnico da obra, encargado da producións das videocreacións, iluminación, montaxe técnica.
Xavier Albertí: Músico e recoñecido director de escena catalán, aportou a súa visión externa ao proxecto.
A primeira parte deste traballo foi seleccionada para o Festival de Arte e Reciclaxe “Drap’ art” de Barcelona durante o mes de decembro do 2008.
No 2009 obtivo unha residencia artística do Centro Coreográfico Galego.
Nese mesmo ano obtivo ademáis outra subvención do AGADIC para a produción de curtametraxes experimentais e creadores individuais.
Textos de Alfonso Pexegueiro
Dúbidas sobre a cidade. Nubes. Tormenta.
Hoxe non me levanto…….
Gozo, Amor…
Non. Ti goza. Eu miro.
Ela intentará ir cara atrás. Unha cinta mecánica impídello. Xa está instalada no tempo veloz. Esfórzase. Xira. Resiste. A cinta do progreso impídelle regresar. Os espazos diminutos asfíxiana. A multitude derrótaa. A velocidade… Ela colle o seu colchón, a súa culpa e vaise á rúa. Colle a cruz dos soños e do pracer e vaise á rúa. O Suplicio. A Culpa. Ela…
Alfonso Pexegueiro.
Alfonso Pexegueiro (Angoares, Ponteareas) é un dos poetas máis relevantes do panorama literario galego contemporáneo. Fundador en 1975 do Grupo de Comunicación Poéticas Rompente, creou xunto a outros escritores, a Asociación de Escritores en Lingua Galega. En 1978 recibiu o Premio da Crítica.